

Cursos
Desde a súa primeira edición en 2013, o Festival Groba tivo un compromiso inequívoco coa pedagoxía musical, algo que herda da filosofía vital do Mestre Groba, un dos grandes impulsores da educación musical na nosa comunidade.
Despois do éxito experimentado nas edicións anteriores, o Festival Groba continuará co seu programa especial de mentoría para xoves artístas centrado na práctica da música de cámara.

Programa de tutorías para grupos de cámara
O Festival Groba continúa co seu programa de mentorship focalizado no desenvolvemento do talento de mozos músicos a través da práctica da música de cámara. O programa ofrecerá non só clases gratuítas de música de cámara impartidas polos principais artistas convidados do Festival Groba, se non que complementará a formación destes novos talentos con consellos profesionais de management e carreira profesional. Ademais os mozos músicos participantes no programa de mentorship presentaranse nalgúns dos concertos do festival, compartindo escenario cos seus mentores.
Nesta edición o grupo seleccionado é o talentoso Ast Quartet, cuarteto de cordas formado polas violinitas Sungmoon Kim e Minju Park, o violista Semin Yim e a chelista Eunju Cheung · cello. O seu nome vén da palabra “Rama,” simbolizando o crecemento e o alcance global da música. Composto por mozos músicos apaixonados, o conxunto achega unha enerxía vibrante e unha perspectiva fresca á escena clásica, e busca conectarse con audiencias de todo o mundo. Formados en Alemaña con Oliver Willy e na Raíña Sofía co lendario Gunter Pichler, foron premiados en diversos concursos europeos e manteñen unha actividade concertística tanto en Europa como na súa Korea natal.