Ponteareas
Ponteareas é un fermoso concello galego duns 25.000 habitantes situado al ao sur da provincia de Pontevedra que foi a nosa casa dende a primeira edición do Festival Groba celebrada en 2013.
Famosa pola súa celebración do Corpus Christi na que os seus veciños confeccionan numerosas alfombras florais no centro da vila en honra ao Santísimo Sacramento, festa declarada de Interese Turístico Internacional.
Ponteareas conta cun moderno Auditorio Municipal e fermosas paisaxes naturais como o Castelo de Sobroso ou o Mosteiro de San Miguel de Canedo.
Tamén está a só sete quilómetros do Balneario de Mondaríz, un dos grandes referentes das augas termais a nivel nacional.
Está comunicada por vía terrestre coas grandes cidades galegas como Santiago de Compostela ou Vigo.
Os aeroportos máis próximos son Vigo (VGO) a 30 minutos, Santiago de Compostela (SCQ) a 70 minutos e Porto (OPO) a 75 minutos.
Ligazóns de interese
Concello de Ponteareas
Información práctica sobre Ponteareas
Oficina de turismo de Ponteareas
www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=19414&ctre=159
Aloxamento e gastronomía
Ponteareas e a súa comarca dispoñen dunha variedade de hoteis, albergues e casas rurais adaptadas a todos os estilos e prezos.
Tamén nos seus numerosos restaurantes e bares poderás gozar do mellor da gastronomía galega como marisco, polbo á feira, carnes á brasa, empanadas, rosquillas do Corpus.